EDUCACIÓN FÍSICA CEIP DE SOBRADA
lunes, 27 de junio de 2022
viernes, 29 de abril de 2022
ACTIVIDADE PIRAGÜISMO 6º CURSO.
O pasado 25 de abril o alumnado de 6º participou nunha xornada deportiva escolar enmarcada no programa Xogade para a práctica do piragüismo na modalidade de Piragüismo-Dragóns.As instalacións deportivas do Pontillón do Castro foron o escenario dunha divertida xornada deportiva escolar. Previo a subir as embarcacións, recibimos unhas nocións básicas de navegación e a continuación o mais agardado, navegar todos xuntos e palexar ó ritmo do tambor. Quedamos encantados e con gañas de repetir experiencia, foi fantástico!.
jueves, 23 de septiembre de 2021
PROMOCIÓN FÚTBOL SALA
O Club Deportivo Tui Fútbol Sala visitou hoxe o noso colexio para promocionar o fútbol sala e despertar o noso interese a practicalo nas instalacións do club. Ensináronnos xogos moi divertidos, porque como nos dixo Alba a presidenta do club e tamén adestradora: "sempre é moito mellor aprender xogando". Contounos tamén que teñen equipos femininos e masculinos en tódalas categorías e animóunos a todos os que queiramos iniciarnos no fútbol sala, a visiralos e probar.
Moitas grazas pola vosa visita pasámolo xenial.
martes, 29 de junio de 2021
PROMOCIÓN BALONMÁN
Nesta semana recibimos a visita de representantes do clube de Balonmán de Tui, achegáronnos no ratiño que estivemos con eles algunhas nocións deste depote e gozamos dun adestramento e xogos dirixidos por Pablo e Luis. Como é unha actividade extraescolar que se levara a cabo neste curso no noso cole, animáronnos a aproveitar esta oportunidade. Moitas grazas pola vosa visita
Suscribirse a:
Entradas (Atom)